Category Archive Sin categoría

A nosa colaboración co medio

Ademais de ser unha obriga dende hai ben pouco xa hai ben tempo que nos preocupamos de xestionar axeitadamente os refugallos xerados no proceso de reparación, as máquinas que non se reparan e os consumibles.

Como parte da cadea de vida dos produtos fabricados e vendidos por EPSON participamos na derradeira fase da vida entregando as maquinas non reparables ou abandoadas a un xestor de residuos autorizado, e o mesmo facemos cos consumibles orixinais dos principais fabricantes que reparamos.

Contacto por redes sociais

As redes sociais permitennos estar en contacto mais directo cos nosos clientes. Esta forma de contacto soe ser mais rapida e directa que o correo electrónico ou o teléfono fixo, pero ó utilizar un servizo de comunicación de redes sociais, debemos saber que as condicións de privacidade e seguridade son as que o provedor do servizo que usemos nos da, e que aceptamos no momento de subscribirnos ó devandito servizo.

Isto quere dicir que a nosa comunicación pode ser aproveitada por estes subministradores de servizo – Facebook, Google, Whatsapp etc… – para, mediante o uso de cookies ou tecnicas de analise de datos, ofertar os seus produtos directa ou indirectamente, aparecendo publicidade en páxinas do navegador ou paxinas de venda relativas afrases ou palabras clave das conversas que os suarios do servizo teñan.

Esto forma parte do pago polo uso destas ferramentas de comunicación “gratuitas” e abertas.

En ningún caso as nosas comunicacións e datos persoais por estes medios son compartidas con terceiros con fins publicitarios.

As comunicacións por estes medios, ainda que sexan medios gratuitos e abertos, siguen sendo privadas e quedando na esfera da relación do contrato de servizo ou venda.